×
×
5x
Tamaño
Altura
Auto-Scroll

Alcatraz

Ataque Escampe

Viyou 17 Ataque Escampe Alcatraz

E decidín regresar a Alcatraz:

foi o mesmo camiño pero do revés.

Aínda batía nos muros o mar,

pero xa non había ninguén.


Detrás da cidade aínda hai restos de po.

Na vida primeira matei e roubei.

Era moi tarde para che falar de amor

e agora é cedo para caer.


Somos o ferro nas veas,

somos o pouco que queda

dos días de sangue quente.

Os anacos de xabón

soben até o corazón

con orgullo delincuente.


Alcatraz outra vez,

coa cabeza moi alta e unha moi agradábel

masaxe nos pés.

Alcatraz, aquí estou

de regreso da grande evasión.


Non vin San Francisco nin falta que fai

(dicían que tes que levar unha flor).

A min as viaxes fanme vomitar

e na casa cómese moito mellor.


Non vin os moluscos do mar do Xapón.

Non vin os solpores de Guiné Bissau.

Non vin as estrelas no espazo exterior.

Fóra todo era o caos.


Este foi o meu planeta,

tan cheo de bolboretas

que non hai sitio para a xente.

Fóra vai moita calor

e eu onde mellor estou

é no meu lugar de sempre.


Alcatraz outra vez,

coa cabeza moi alta e unha moi agradábel

masaxe nos pés.

Alcatraz, aquí estou

de regreso da grande evasión.

Relacionados

Filloa
Terbutalina
Licor Cafe
Lamatumba
Estas Balas
Ruxe Ruxe
O Lelo
An Os Ventos

Letras más leídas de Ataque Escampe

1 Arder 2 Noites de agosto 3 Alcatraz 4 Nadina + Ver todas

Inicia sesión para guardar esta canción en favoritos

Iniciar sesión