×
×
5x
Tamaño
Altura
Auto-Scroll

En nós só manda o vento

Keltoi!

gilberthjandres 3 Keltoi! En nós só manda o vento
[Intro] (x4)



[Estrofa 1]

No máis fondo de min xurde o rancor de quen repite un erro

De quen busca os culpábeis da súa doma e a súa castración.

Como se a historia non fora connosco

Coma un escravo orgulloso de selo.


[Estrofa 2]

Estamos mudos? Estamos cegos? Somos da vila ou só vimos prá festa?

Basta xa de mirarmos pra outro lado. Abonda de tanto choromicar.

Abre os ollos e mira prá túa Terra! Esta Galiza que hoxe esmorece.

Abre a boca e fala coa túa lingua!


[Ponte]

Non renunciaremos a quen somos, ás nosas vidas, noso idioma os nosos soños

Soños de liberdade, de traballo e de xustiza,

porque ninguén manda en nós: nen dios, nen vós!


[Solo] (x2)



[Final]

A nosa historia farémola nós

Seremos denantes mortas que escravas

E a que agardas pra erguerte nistes tempos de oscuridade i eterno inverno?

E a que agardas pra erguerte canda min?

Sae á rúa e berra coma o vento que afunde barcos e tronza imperios

Saca a raiba que tes dentro de ti!

Letras más leídas de Keltoi!

Inicia sesión para guardar esta canción en favoritos

Iniciar sesión