×
×
5x
Tamaño
Altura
Auto-Scroll

Camiño Longo

Luis emilio batallan

angelRicardo 2,302 Luis emilio batallan Camiño Longo

Camiño, camiño longo,
( )
camiño da miña vida,

escuro e triste de noite,

triste e escuro de día...

¡camiño longo

da miña vida !


Vereda, vereda torta
( )
en duras laxes aberta,

arrodeada de toxos,

crebada polas lameiras...


¡vereda torta,

ti onde acabas!

Vereda, vereda fonda
( )
de fontes tristes, sen auga;

sen carballos que dean sombra,

nin chouzas que dean pousada..


¡vereda fonda,

ti cando acabas!

Camiño, camiño longo.
( )
A choiva, a neve e as silvas

enchéronme de friaxe,

cubríronme de feridas...


Camiño longo,

da miña vida,

¡camiño longo

da miña vida !

¡camiño loooongo!

Relacionados

Volvin Terra Pro Perdin O Amor
Suso Vaamonde
Festa Malandromica
Ataque Escampe
Licor Cafe
Lamatumba
Estas Balas
Ruxe Ruxe

Letras más leídas de Luis emilio batallan

1 Quen puidera namorala 2 Ahi ven o maio 3 I a nosa señora detrás do tonel 4 Agardarei 5 Notas Necroloxicas 6 Camiño Longo + Ver todas

Inicia sesión para guardar esta canción en favoritos

Iniciar sesión