×
×
5x
Tamaño
Altura
Auto-Scroll

Todo ou nada

Ortiga

Luchonicks 4 Ortiga Todo ou nada




Hai cousas que flipo co rápido que cambian

e outras nunca van cambiar.

Parece que todo o mundo está marchando

e que eu nunca vou marchar.

A ver se hai sorte, quedas outro cacho e non me raio máis...



Fai anos que xa non teño quince anos,

pero todo sigue igual.

Parece que todo o mundo está medrando

e que eu nunca vou cambiar.

Dime, por favor, que vas quedarte hoxe e non me raio máis...



Todo ou nada.

Todo ou nada.

Todo ou nada.

Todo ou nada.

Todo ou nada, non hai nada mellor...

Non coñezo mozo con máis corazón!






Hai cousas que flipo co rápido que pasan

e outras nunca van pasar.

Fai anos que non quero seguir cumplindo anos,

cada día son máis can.

Os amigos agora solo pensan no traballo,

eu non quero traballar;

o que quero é gustarche

porque o resto de cousas fanme todas mal.



Nunca fun tan feliz, nunca tiven tantos cartos,

e aínda así a veces solo penso en deixalo;

nunca fun tan feliz, pero a veces cando saio

aínda penso en queimalo todo...



Todo ou nada.

Todo ou nada.

Todo ou nada.

Todo ou nada.

Todo ou nada, non hai nada mellor...

Non coñezo mozo con máis corazón!



Letras más leídas de Ortiga

Inicia sesión para guardar esta canción en favoritos

Iniciar sesión