×
×
5x
Tamaño
Altura
Auto-Scroll

O Emigrante

The Skarnivals

naviskills 124 The Skarnivals O Emigrante
[Intro]



[Estrofa 1]

Terra de orballo e morriña,

Miña terra que canta ailalá,

Zoan roncos os pinos ao lombo camiño dalá.


Meu pequeno coitado meniño,

Coida ben da mamá e teu irmán,

Non permitas que os tempos escuros vos an calar.


[Estrofa 2]

E anque parto, neste barco a cruzar o charco en busca do edén,

Xuro por tódalas cousas que a casa cariño hei volver.

Alí hai ben traballo e prata, alí hai homes con corbata,

As vacas non serán fracas xa nunca máis.


[Instrumental] (x4)



[Ponte]

Cando o tempo a co ar,

E os recordos tornen fume o voso lume

Ten presente, que comigo heivos levar

Non importa o lonxe que esté,

A túa beira sempre hei volver.


--cambio de ritmo--


[Instrumental] (x4)



[Retrouso]

E voltarei, a casa voltarei,

Virei da fin do mundo

Ao teu abrigo ao teu mencer,

Alá onde eu estiver, a casa voltarei.


E voltarei, inda que zoupe o mar,

Que brame o temporal,

Que a o vento a mares hei chegar,

Alá onde eu estiver, cariño voltarei.


[Instrumental] (x4)



[Retrouso]

Voltarei, a casa voltarei,

Virei da fin do mundo

Ao teu abrigo ao teu mencer,

Alá onde eu estiver, a casa voltarei.


E voltarei, inda que zoupe o mar,

Que brame o temporal,

Que a o vento a mares hei chegar,

Alá onde eu estiver, cariño voltarei.


[Coma na intro]

Terra de orballo e morriña

Letras más leídas de The Skarnivals

Inicia sesión para guardar esta canción en favoritos

Iniciar sesión