×
×
5x
Tamaño
Altura
Auto-Scroll

Madrigal á cibdá de Santiago

Amancio Prada

tete42 568 Amancio Prada Madrigal á cibdá de Santiago
Acordes:



Chove, chove en Santiago

meu doce amor.

Camelia branca do ar

brila entebrecida ô sol.

Camelia branca do ar

meu doce amor.

Chove en Santiago.


Chove, chove en Santiago

na noite escura.

Herbas de prata e de sono

cobren a valeira lúa.

Herbas de prata e de sono

na noite escura.

Chove en Santiago.


Olla, olla a choiva pol-a rúa,

laio de pedra e cristal.

Olla no vento esvaído

soma e cinza do teu mar.

Olla no vento esvaído

laio de pedra e cristal.

Chove en Santiago.


Soma, soma e cinza do teu mar

Santiago, lonxe do sol.

Agoa da mañán anterga

trema no meu corazón

Agoa da mañán anterga.

Santiago, lonxe do sol.

Chove en Santiago.


Chove, chove en Santiago.

Santiago, lonxe do sol.


Chove, chove en Santiago

laio de pedra e cristal.


Chove, chove en Santiago

na noite escura.


Chove, chove en Santiago

meu doce amor.



Letra: Federico García Lorca (5/6/1898-18/8/1936), Padrón 1916

Sugerencias y correcciones:
[email protected]

Relacionados

Estaba El Senor Don Gato
Joaquin Diaz
Gallo Rojo Gallo Negro
Chicho Sanchez Ferlosio
Fina Estampa
Maria Dolores Pradera
Festa Malandromica
Ataque Escampe

Letras más leídas de Amancio Prada

1 Madrigal á cibdá de Santiago 2 Salutación elegíaca a Rosalía de Castro 3 Adiós ríos, adiós fontes 4 Campanas de Bastabales 5 Cando era tempo de inverno 6 Vivo sin vivir en mí 7 Un repoludo gaiteiro 8 Compañerita 9 No te tardes, que me muero 10 Mayo Longo 11 El cantar tiene sentido 12 Libre te quiero 13 Romaxe de nosa señora da barca 14 Si las cosas no fueran 15 Jaula en el pecho 16 Cántiga de neno da tenda 17 Romance del enamorado 18 Romance del prisionero 19 Tú, cuya mano + Ver todas

Inicia sesión para guardar esta canción en favoritos

Iniciar sesión