Un repoludo gaiteiro
Amancio Prada
Letra

Álbum: Rosas a Rosalia ( 1998)
+A
-A
LETRA (VER LETRA CON ACORDES)

Un repoludo gaiteiro

de pano sedán vestido,

como un príncipe cumprido,

cariñoso e falangueiro,

entre os mozos o primeiro

e nas cidades sen par,

tiña costume en cantar

aló pola mañanciña,

con esta miña gaitiña

ás nenas hei de enganar.



Con esta miña gaitiña

ás nenas hei de enganar.



Sempre pola vila entraba

con aquel de señorío,

sempre con puxante brío

co tambor se acompasaba;

e se na gaita sopraba

era tan dóce soprar

que fixera en cantar

aló pola mañanciña,

con esta miña gaitiña

ás nenas hei de enganar.



Con esta miña gaitiña

ás nenas hei de enganar.



Todas por el reloucaban,

todas por el se morrían,

se o tiñan cerca sorrían,

se o tiñan lonxe choraban;

¡Mal pecado [1]! Non coidaban

que c?aquel seu frolear

tiña costume en cantar

aló pola mañanciña

con esta miña gaitiña

ás nenas hei de enganar.



Con esta miña gaitiña

ás nenas hei de enganar.



Camiño da romaría

debaixo dunha figueira,

cánta meniña solteira

¡quérote! lle repetía...

E el coa gaita respondía

por a todas embaucar,

pois ben fixera en cantar

aló pola mañanciña

con esta miña gaitiña

ás nenas hei de enganar.



Con esta miña gaitiña

ás nenas hei de enganar.



¡Nas festas, cánto contento!

¡Cánta risa nas fiadas!

Todas, todas namoradas

déranlle o seu pensamento;

e el que de amores sedento

quixo a todas enganar,

cando as viu despois chorar

cantaba nas mañanciñas:

Non sexan elas toliñas,

non veñan ao meu tocar.



Non sexan elas toliñas,

non veñan ao meu tocar.

Letra añadida por: sainna (#17.716)



COMENTARIOS

Aún no hay comentarios,

¡escribe el primero!

Para hacer una pregunta o dejar un comentario sobre esta canción, debes estar LOGUEADO

Las canciones más tocadas de Amancio Prada


Nuestro servidor se demoró 0.03 segundos en generar esta página. Eso fue realmente muy rápido!